Tradución, interpretación e localización


Traducindo a diferenza

Ben sexa unha pequena empresa ou unha organización multinacional, os nosos servizos lingüísticos do inglés ao español e galego (e viceversa), ofrécenlle a oportunidade de transmitir a súa mensaxe no idioma que os seus clientes desexan escoitar en calquera parte do mundo.

Unha solución lingüística profesional e un servizo de calidade preciso a un prezo asequible, fiable e garantido. Un servizo especializado que conta co apoio dunha longa experiencia no sector da tradución e aptitudes tecnolóxicas demostradas que proporcionan un rápido ciclo de entrega que atende ás necesidades de tradución, interpretación e localización do cliente no mercado internacional.

Os servizos que ofrecemos inclúen tradución, interpretación así como subtitulado, edición e localización de software e de sitios Web. Grazas aos anos de experiencia adquiridos traballando neste sector, posuímos as aptitudes e a habilidade necesarias para lograr que un proxecto de tradución lle proporcione os resultados que vostede e a súa empresa buscan.