Os nosos servizos

Os nosos coñecementos e experiencia ao alcance da súa man

Tradución

Tanto se a súa empresa é un pequeno negocio coma se é unha empresa multinacional, os nosos servizos de tradución transmiten a sua mensaxe no idioma que os seus clientes queren oír.

Localización

Un servizo especializado apoiado pola nosa ampla experiencia en tradución e coñecementos técnicos combinados cunha rápida entrega para dar resposta ao seus requisitos de software.

Transcreación

O noso servizo de transcreación garante que o seu produto teña nos seus idiomas de destino exactamente o mesmo impacto que no de orixe ao incorporar os valores socioculturais relevantes.

Desenvolvemento web e aplicacións

Os nosos coñecementos lingüísticos e experiencia na creación de software danos as aptitudes necesarias para desenvolver a súa aplicación ou sitio web e adaptalo a un contexto multicultural e plurilingüe.

Tradución literaria

Publicamos diversos traballos de tradución literaria ao galego, castelán e inglés como, por exemplo, o libro Peter Pan in Scarlett de Geraldine McCaughrean, a continuación do famoso libro Peter Pan de Matthew Barrie.

Subtitulado

Ofrecemos un servizo profesional de tradución e subtitulado dos seus contidos creativos audiovisuais, que adaptamos a diferentes mercados novos sen o custo adicional que xera a duplicación deses materiais.

Os nosos proxectos

Velaquí unha pequena mostra dos differentes proxectos que realizamos
nalgúns dos nosos diversos campos de especialización

BBVA

Contratos e textos legais

Disney Store España

Adaptación de produtos

Ball Corp.

Boletíns e comité de empresa

Chevrolet

Materiais de marketing

Vueling

Contidos do sitio web

Johnson & Johnson

Investigación de mercado

Araxis Merge

Apli de comparacións

Iberdrola

Comunicacións corporativas

Acerca de nós

Estamos aquí para axudalo

Creación de aplicacións multilingües

Ao seu servizo

Somos unha pequena empresa de localización e tradución situada en Cangas do Morrazo (España). Acumulamos máis de 20 anos de experiencia ofrecendo servizos lingüísticos e de localización, así como de desenvolvemento web e de aplicacións de software.

Traballamos man a man cos nosos clientes para proporcionarlles as solucións de tradución que mellor se adapten ás súas necesidades. Estes son os catro piares que nos definen:
  • Exactitude garantida
  • Entregas puntuais
  • Anos de experiencia
  • Sempre 100 % calidade
Ler máis

O noso equipo

Ao traballar xuntos non existirán as barreiras

Silvia Carril

Tradutora e localizadora

Máis de 20 anos de experiencia no sector da tradución e a localización, con amplios coñecementos técnicos e de xestión de proxectos, e un enfoque exhaustivo na execución de todo tipo de proxectos.

Socios

Especialistas en SW e web

O noso obxectivo é ofrecer un servizo completo. Por iso, traballamos con outros especialistas que complementan e amplían a nosa oferta, mantenndo o noso compromiso de calidade e puntualidade nas entregas.

Solicitude de orzamentos

Precisa dunha tradución e non sabe onde empezar? Ten algo importante que transmitir pero non sabe como facer chegar a súa mensaxe?
Póñase en contacto connosco. Valoraremos as súas necesidades e recomendarémoslle o mellor servizo para vostede.
Así é como o facemos.

1

CONTACTO

2

VALORACIÓN

3

ORZAMENTO

4

REALIZACIÓN

5

ENTREGA

6

PUBLICACIÓN

FALEMOS

A cara humana

Datos de contacto

ilia language services
Camiño Enxerto 14
San Pedro (Darbo)
Pontevedra
ES-36949
ESPAÑA
Móbil España: (+34) 695480294
Móbil Reino Unido: (+44) 07808 174 984
Email: silvia.carril@gmail.com